Fotos & Factos

ZOOM

foto  |  nelson branco

Santuario da Virxe da Barca – Muxia, Espanha

A Lenda

Relata a lenda que o apóstolo Santiago o Maior, na súa viaxe de evanxelización do fin da terra, achábase en oración na costa onde se asenta o santuario. Viu chegar polo mar unha barca toda de pedra, aparellada cunha vela tamén de pedra. Na barca viaxaba Nosa Señora que viña confortalo e darlle forzas, posto que o traballo de estender a fe no seu Fillo en terras tan afastadas era unha tarefa que superaba as forzas do discípulo.

Despois dun tempo de conversación, a Nai de Deus volveu a Terra Santa, pero deixou naquelas costas a barca (pedra de abalar) e maila vela (pedra dos cadrís) milagreiras.

Nesta lenda atópanse moitos elementos coincidentes con outras similares, como a da Virxe do Pilar: O apóstolo aflixido pola distancia da terra e o esforzo da predicación entre pagáns, a Virxe que, unha vez se decata da súa circunstancia, ven confortalo e darlle ánimos e que deixa un testemuño de pedra da súa visita. Tamén coa propia lenda da chegada dos restos martiriais do Apóstolo: unha barca de pedra que subiu polo río Ulla, e que foi amarrada ao pedrón, tamén unha pedra relacionada con cultos precristiáns, neste caso unha ara romana adicada ao deus Neptuno e que hoxe se conserva como unha valiosa reliquia na igrexa parroquial de Padrón.

Anúncios

3 thoughts on “Fotos & Factos

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s